CRTVG

Buscar

A actitude de Ana Julia convértea en sospeitosa ao pouco de desaparecer Gabriel

Publicado o 09/09/2019 13:08

Contra Ana Julia Quezada hai probas demoledoras. A pesar diso, a súa defensa intentará demostrar que foi un homicidio involuntario. Pero a autora confesa do crime non só foi descuberta co cadáver do neno no seu coche, tamén creou probas falsas, presuntamente, para despistar os investigadores. 

Gabriel Cruz, de oito anos, desaparecía o 27 de febreiro do ano pasado, tras saír da casa da súa avoa. O escrito da acusación asegura que Ana Julia Quezada o abordou, que o levou a unha leira do pai e alí, presuntamente, asfixiouno e enterrouno. 

Pero durante doce días, Ana Julia participou activamente na busca, acompañando a familia e simulando desesperación e pena. Foi a súa actitude a que espertou, precisamente, as sospeitas dos investigadores da Garda Civil. Sobre todo, a súa sobreactuación diante das cámaras. Convértese en sospeitosa oficial e única o 3 de marzo, día en que aparece a camiseta de Gabriel. A policía cre que ela a colocou para despistar e imputar unha ex-parella.

Aínda que os pais do neno non foron informados desta sospeita, admitiron que os chamamentos que fixeron para que liberasen a Gabriel os dirixían a ela.

Comeza o seguimento policial a Ana Julia, sobre todo para que os leve onda Gabriel. O 11 de marzo era detida tras desenterrar o neno para, presuntamente, levalo a outro sitio, ao sentirse acurralada. A gravación do audio dentro do seu coche, con insultos ao neno, forman parte da proba documental dos investigadores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019