CRTVG

Buscar

A aceleradora aeronáutica galega busca proxectos innovadores

Publicado o 20/10/2019 23:10

Xa está en marcha a segunda convocatoria da aceleradora aeronáutica. Buscan proxectos innovadores con drons e vehículos non tripulados para seguir impulsando o polo aeroespacial de Galicia, que xa é un referente. As empresas do sector poden presentar as súas iniciativas ata o vindeiro 15 de novembro.

A aceleradora galega especializada no sector aeronáutico engalou hai menos dun ano, pero non para de medrar. Á primeira edición concorreron máis de 60 proxectos e dela saíron ideas innovadoras con drons e vehículos non tripulados como o de Daniel e Víctor Manuel, destinada a mellorar a eficiencia no consumo.

Agora está aberta a segunda convocatoria deste programa vencellado ao polo industrial de Rozas e aos viveiros de empresas da Fundación Cel. Seleccionarán seis novos proxectos que se sumarán aos plans de negocio que xa se están a desenvolver.

Nos vindeiros días a aceleradora aeronáutica presentará o seu programa en Madrid e Granada. Os interesados poden presentar os seus proxetos ata o vindeiro 15 de novembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019