A ACB, obrigada a admitir o Gipuzkoa Basket
Publicado o 04/08/2020 22:37
En baloncesto tamén hai lea neste final de temporada. E todo apunta a que a vindeira campaña haberá 19 equipos na liga ACB.
Esta tarde a asociación de clubs cursoulle unha invitación ao Gipuzcoa Basket para que participe na temporada 20-21. Deste xeito a ACB cumpre co disposto por un xulgado de primeira instancia de Barcelona que obrigaba a que o campión da liga LEB Ouro competise na máxima categoría do baloncesto español.