CRTVG

Buscar

A ACB Galega vai a Málaga e Vitoria esta fin de semana

Publicado o 08/10/2021 16:16

Lukovic é a dúbida do Río Breogán, Elleson volve co Monbus Obradoiro

Cita a domicilio para Rio Breogán e Monbus Obradoiro na quinta xornada da ACB.

Nun momento extraordinario. Moncho Fernández recupera a Elleson para viaxar a Vitoria e o Rio Breogán asume o desafío de gañar en Málaga coa dúbida de Lukovic.

Pero o que acapara todas as olladas é Dzanan Musa. Unha das revelacións da liga, a estrela do Río Breogán, internacional con Bosnia, con experiencia na NBA e que sorpendeu fichando por un equipo recén ascendido que non coñecía.

"Para ser honesto, tiven que buscalo en Google. Pero foi unha das mellores decisións da miña vida vir aquí. Era un desafío, xente nova, xogamos bo baloncesto, pelexamos cada partido, é divertido xogar aquí, non só a oportunidade", recoñeceu Musa.

Oportunidade de amosar toda a súa calidade e liderado logo dun ano pouco satisfactorio no Anadolu Efes. E con esa ambición afronta o partido ante Unicaja e as aspiracións do equipo: "Temos talento para poder ser un dos equipos candidatos a entrar no playoff".

Outra das revelacións da liga milita no Obradoiro. Ellenson, co que poderá contar Moncho Fernández en Vitoria. Alí reencontraranse co Steven Enoch.

E para triunfar ante o Baskonia Moncho apela á capacidade de mellora do equipo. Un Baskonia que hoxe xoga Eurolia e dous días despois recibe a Obradoiro.

 

Noticias web

08/10/2021