CRTVG

Buscar

A ACB decide que os doce primeiros equipos xogarán polo título en sede única e non haberá descensos

Publicado o 20/04/2020 16:25

• Punto e final para a temporada do Obradoiro que é o 14º clasificado

A ACB decide que os doce primeiros equipos xogarán polo título en sede única e non haberá descensos

Os clubs da ACB decidiron por unanimidade que a competición se reinicie, se é posible, cunha concentración en sede única dos doce primeiros equipos clasificados antes da suspensión e que non haxa descensos.

Estableceuse o 31 de maio como data máxima para, en función das medidas tomadas polas autoridades, decidir a disputa da fase  final ou dar por concluída a liga Endesa 2019-20.

No caso de que non se puidese reiniciar a competición, o título quedaría deserto.