A academia do audiovisual galego agasalla a actriz Mela Casal co premio Fernando Rey
Publicado o 02/03/2019 23:10
Foi un dos momentos máis emocionantes da gala do audiovisual. A entrega do premio Fernando Rey á actriz Mela Casal, unha das actrices máis importantes do audiovisual de Galicia nos últimos trinta anos, que recibiu un forte aplauso de todo o auditorio do Pazo da Ópera da Coruña.