A abstención do PSOE vai facer decaer a lei trans no Congreso
Publicado o 18/05/2021 15:17
O PSOE vai absterse esta tarde na votación da lei trans no Congreso, o que vai propiciar a derrota desta iniciativa.
Os socialistas anunciaran onte que ían facilitar a tramitación desta lei, apoiada polos socios de investidura de Pedro Sánchez e mais Ciudadanos, pero a abstención implica que vai quedar rexeitada, e isto afonda nas discrepancias que manteñen neste asunto o PSOE e Unidas Podemos, que impulsa dende o executivo unha lei moi similar.
Os socialistas cren que o texto é mellorable, e dende a formación morada din que a lei recolle dereitos humanos.