CRTVG

Buscar

A A-8 permanece pechada dende o domingo en Mondoñedo por mor da néboa

Publicado o 08/07/2019 10:14
A A-8 permanece pechada dende o domingo en Mondoñedo por mor da néboa

Os densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade e condicionan a seguridade dos usuarios volveron a obrigar á Dirección Xeral de Tráfico (DXT) a manter cortada a Autovía do Cantábrico (A-8) en Mondoñedo desde hai máis de doce horas. Segundo informa a propia Dirección Xeral de Tráfico, a autovía quedou cortada en ambos  sentidos da circulación no alto do Fiouco, entre os municipios lucenses de Abadín e Mondoñedo, desde onte ás 19:45 horas. O tramo que permanece cortado é o situado entre os quilómetros 536 e 552, de modo que a Garda Civil habilitou desvíos alternativos a través da estrada Nacional 634 ao seu paso por Mondoñedo. Nos últimos días, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, solicitou unha entrevista coa subdelegada do Goberno en Lugo para pedir que ese tramo da Nacional 634 sexa mellorado, ao considerar que non se atopa nas condicións adecuadas para soportar o tráfico provocado polos desvíos desde a A-8 cando a néboa obriga a pechar a autovía.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019