CRTVG

Buscar

A A-55, entre Vigo e O Porriño, segue a ser líder nacional en número de accidentes

Publicado o 13/11/2019 15:21

Malia o aumento de radares e as reformas, o tramo da A-55 entre Vigo e O Porriño segue a ser líder nacional en número de accidentes. Segundo datos da DXT, só desde setembro producíronse 55 sinistros nese tramo, a maioría saídas de vía e colisións por alcance. 

A A-55 entre Vigo e O Porriño mantense no primeiro posto da clasificación nacional de sinistralidade. As malas condicións metereolóxicas da zona e a complexidade do trazado son as principais causas.

Nos os últimos meses rexistrou unha media de cinco accidentes á semana e desde setembro xa suman 55. Malia as reformas e os radares, ata seis nun percorrido de dez quilómetros, os sinistros seguen a ser unha constante.

Para resolver o problema no 2015 Fomento deseñou unha autovía alternativa cun túnel baixo o alto de Puxeiros. Polo de agora nada se sabe deste proxecto. A maior parte do sinistros son saídas de vía e colisións por alcance.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019