CRTVG

Buscar

A A-55 de Vigo a Tui segue gañando tráfico fronte á AP-9

Publicado o 03/03/2020 15:05

A pesar da súa perigosidade, do seu trazado e dos radares limitando a 60 a velocidade, a autovía A-55 é a elixida polos condutores para ir de Vigo a Tui.

A outra opción sería utilizar a autoestrada AP-9. Pero iso supón un importante desembolso económico. Case 3 euros de ida para os turismos e entre 5 e 6 euros para os vehículos pesados.

Fronte á gratuidade, os condutores elixen a autovía a pesar dos inconvenientes. As cifras, facilitadas polo Ministerio de Transporte, falan por si soas. No tramo da Gándaras rexístranse máis de 4.000 vehículos diarios por autoestrada. Esta cifra multiplícase por dez na A-55.

Os transportistas levan anos reclamando a Audasa unhas tarifas máis accesibles e atractivas para incentivar o seu uso.

Deste xeito eliminaríase o tráfico pesado dun treito saturado de vehículos e cunha alta sinistralidade a nivel nacional.

 

Noticias web

03/03/2020

Máis sobre Tui