CRTVG

Buscar

A A-55, ao seu paso por Mos, ten o récord estatal de sinistralidade con 142 accidentes e 238 vítimas

Publicado o 29/12/2019 14:27

Estamos no quilómetro doce da A55, a autovía que une Vigo con Ourense, é segundo o último estudo realizado por Automobilistas Europeos Asociados o lugar da rede viaria española onde se producen máis accidentes e vítimas, un total de 142 sinistros e duascentas trinta e oito vítimas. Sábeno ben os que circulan por ela todos os días.

O punto crítico é o quilómetro doce onde tiveron lugar este accidente múltiple do 20 de marzo e outro máis recente do dez deste mes que obrigou a cortar a estrada porque a carga do camión de cervexa quedou espalalda polo vial.Ademais do punto negro boa parte do treito entre Mos e o Porriño está inzado de curvas sinuosas. Os usuarios habituais son partidarios de mellorar o trazado e eliminar as curvas, pero a estrada sorprende tamén aos turistas.

Nos últimos anos: a mellora do firme, a colocación de radares e sobre todo a redución da velocidade máxima a 60 nalgúns treitos reduciron a gravidade dos sinistros e o número de vítimas mortais.

Noticias web

29/12/2019