CRTVG

Buscar

24 horas antes da moción, o PP non desvela se votará en contra ou se se absterá

Publicado o 20/10/2020 08:22

Un día antes de que se debata no Congreso a moción de censura de Vox, o Partido Popular non desvela se votará en contra ou se absterá. Pablo Casado asegura que é un tema menor que non lle importa nada. Desde o PSOE, pídenlle que aproveite a ocasión para desmarcarse da ultradereita. 

No comité de dirección do PP non se falou da moción de censura de Vox, segundo dixo Pablo Casado. O presidente popular asegurou que non lle importa. O PP non apoiará a moción, pero debe decidir se vota en contra ou se se abstén.

Pablo Casado, presidente do PP: "É un tema que a mín non me importa nada. No vou gastar nin un só minuto en falar dunha manobra parlamentaria que lle importará a quen o propón e probablemente menos a quen a recibe, neste caso ao señor Sánchez e o señor Abascal. O PP non vai perder o tiempo neste tipo de cuestións menores".

Casado fixo un chamamento a respectar a disciplina de partido. A ex-voceira Cayetana Álvarez de Toledo mostrouse contraria a que o PP vote NON á moción. "A veces non se gaña numéricamente pero si en autoridad política e moral. Un non do PP debilitaría a súa condición de alternativa e reforzaría a Pedro Sánchez", asegurou a deputada do PP.

Nas últimas horas, Vox lanzáballe ao PP esta advertencia.
Jorge Buxadé, voceiro de Vox: "Se só hai 52 votos a favor, é porque o resto prefiren a Sánchez e Iglesias no Goberno".

Para o PSOE, a moción é un axuste de contas entre a dereita e a extrema dereita. Os socialistas pídenlle ao PP que vote en contra.

Para Ciudadanos, que votará non, a moción é partidista, inoportuna e irresponsable.
O debate da quinta moción de censura da democracia, que non ten ningunha posibilidade aritmética de prosperar, comezará mañá ás nove coa intervención no Congreso do candidato de Vox ás eleccións en Cataluña, Ignacio Garriga, que será o encargado de defendela.

Noticias web

20/10/2020