Último curso do Seminario Menor de Santiago sen alumnas
Nas fotos do alumnado de todas as promocións só aparecen rostros masculinos. É o Seminario Menor de Santiago.
"Ao chegar pensei que estaba atrasado, pero pouco a pouco comprendín por que era así".
"E elas?".A resposta a esa pregunta cambiará o curso vindeiro."Imos facer unha innovación histórica, imos abrir o centro a nenas tamén".
E xa apareceron familias interesadas en matricular fillas no centro."Non esperabamos ter unha demanda tan rápida".
Recoñece a Igrexa a urxencia de renovar a aposta educativa."Pensamos que é unha certa esixencia da sociedade en que vivimos"."Máis ca unha obriga é un deber".
Fala tamén a Igrexa dos constantes cambios da lei de educación."Ás veces non terminamos unha para empezar outra".
A recente lei Celaá prevé a retirada de axudas públicas aos centros que segreguen por sexos. Aquí, o medio cento de alumnos xa pensa no compartir aula con alumnas."Penso que cambiará o ambiente para mellor, pero vai ser raro nas primeiras clases"."Máis igualdade na aula"."Unha sociedade máis unida, diría eu".
O Seminario Menor abrirase como colexio diocesano, privado, a alumnos e alumnas."Aquí temos dende Primeiro da ESO ata Segundo de Bacharelato"."Internas polo de agora non".
Esta é a última promoción. Nas orlas futuras xa aparecerán alumnas.