CRTVG

Buscar

Incendio Portugal: unha axuda que tarda en chegar

Publicado o 13/09/2017 23:11

A piques de cumprirse tres meses do incendio de Pedrogão Grande en Portugal os afectados seguen sen recibir ningunha compensanción económica do Goberno. É o que denuncian centos de pequenos propietarios que o perderon todo no peor incendio da historia do país. 

As promesas do goberno de compensación económica, din os afectados, aínda non chegaron. E os cartos recadados por organización solidarias chegan a contagotas e non a todos.

Pedrogão Grande tardará anos en volver ser igual, unha vila que xa agradece uns cartos polos que aínda agardan.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017