CRTVG

Buscar

Galicia en Común Anova Mareas, coalición na que se integrarán Podemos, EU, Anova e as Mareas

Publicado o 22/02/2020 10:47

    Tal e como estaba previsto, Podemos, Esquerda Unida, Anova e as Mareas municipais da Coruña e Santiago pecharon esta noite unha coalición para presentarse aos comicios galegos do 5 de abril. A coalición denomínase Galicia en Común-Anova Mareas. É froito de intensas negociacións que de novo se alongaron ata o último momento xa que esta medianoite remataba o prazo para presentar coalicións electorais. O candidato á Presidencia da Xunta será o líder de Podemos, Antón Gómez-Reino, anque terá que ser ratificado pola militancia nas primarias internas da súa formación.