Falece a actriz Olympia Dukakis
Publicado o 02/05/2021 00:41

Olympia Dukakis
A actriz norteamericana Olympia Dukakis faleceu na súa residencia de New York aos 89 anos. Dukakis tiña un Óscar á mellor actriz de reparto polo seu traballo na longametraxe Moonstruck (Feitizo de Lúa).
No seu comunicado a familia non explicou a causa exacta do pasamento da actriz, que tamén protagonizou outras exitosas fitas como Mira quen fala e Profesor Holland. Dende 2013 tiña tamén unha estrela no paseo da Fama de Hollywood.