CRTVG

Buscar

Unha empresa funeraria de Becerreá foi contratada para exhumar os restos de Franco

Publicado o 22/10/2019 08:47

Segundo informa o xornal El Progreso, unha empresa funeraria de Becerreá, Alba, foi contratada para exhumar os restos de Franco. Cinco empregados desta empresa preparan xa os traballos. Hoxe haberá un ensaio do desenterramento, que se realizará o xoves ás dez e media.

22 familiares de Franco asistirán, aínda que só dous poderán estar xunto á ministra de Xustiza e aos operarios na carpa da tumba mentres que se extrae o cadaleito. Despois será portado por catro destes familiares e trasladado ao novo panteón en helicóptero.

O Goberno estima que o custo da exhumación é de 63.000 euros. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019