EEUU autoriza de novo o uso das vacinas de Janssen
Publicado o 24/04/2021 01:46

EEUU autoriza de novo o uso da vacina de Janssen
O regulador de EE.UU deu luz verde a reanudar de inmediato o uso da vacina de Janssen, a filial belga da multinacional norteamericana Johnson&Johnson. A decisión do organismo regulador chega pouco despois de que un comité asesor aconsellase retoma-la vacinación con este fármaco anque engadindo unha advertencia sobre os posibles riscos que comporta.
EEUU recomendou o pasado día 13 suspender os viais de J&J tras detectarse seis casos de trombose cerebral en mulleres menores de 48 anos, das que unha faleceu. Malia isto, o regulador norteamericano considera que os beneficios da vacina son moi superiores aos riscos que conleva o seu uso.