CRTVG

Buscar

96 positivos nas escolas galegas deixan un colexio pechado ata luns e 27 aulas sen clase presencial

Publicado o 19/09/2020 21:19

Despois de algo máis dunha semana de escola en Primaria e dúas en Infantil, en Galicia hai un colexio pechado e 27 aulas sen docencia presencial ao detectárense 96 casos positivos de covid-19 entre alumnado e profesores. Así o confirmou esta mañá a Consellería de Sanidade.
O centro Calasancio de Pontevedra que leva unha semana pechado por oito positivos entre o cadro de persoal reabrirá de xeito progresivo este luns. No resto de casos, a corentena estase a cumprir por aulas onde se detectaron positivos. Na área sanitaria de Pontevedra hai oito aulas pechadas, na da Coruña seis, en Santiago cinco, en Vigo catro, en Lugo e Ourense dúas e en Ferrol ningunha.
 

Noticias web

19/09/2020