CRTVG

Buscar

Un menor, entre os tres detidos e baile de cifras sobre os colexios pechados

Publicado o 01/10/2017 17:04
Un menor, entre os tres detidos e baile de cifras sobre os colexios pechados

Os Mossos de Esquadra cifran en 244 o número de colexios pechados ata as cinco da tarde. Ata esa mesma hora, o Ministeiro de Interior informou de que a Policía e a Garda Civil pecharon 92 centros de votación en toda Cataluña e detiveron tres persoas, unha delas menor de idade, por delitos de desobediencia e atentado contra os axentes da autoridade.

Ademais, segundo o balance provisional de Interior, nove policías nacionais e tres gardas civís resultaron feridos polo exercicio das súas funcións en contra do referendo ilegal por mandato xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí