CRTVG

Buscar

91 persoas sancionadas por entrar na Pobra sen xustificación durante a fin de semana

Publicado o 19/04/2021 14:19

O monte da Curota é un dos atractivos turísticos da Pobra. Esta fin de semana, os seus miradoiros recibiron a visita de centos de persoas que para sorpresa dos axentes da Policía Local que estaba a realizar controis de mobilidade non pertencían ao concello, pechado perimetralmente.

"En total, durante a fin de semana detactaronse 91 infractores, 52 na xornada do sabado e 39 nun control exprés de 45 minutos no miradoiro de Valle Inclán", di Marcos Rodríguez Iglesias, Policía Local da Pobra do Caramiñal.

Alarma que salta, sobre todo, pola procedencia dos infractores: Madrid, As Palmas, Cataluña, León e de todas as provincias galegas, seguno informa o axente da policía. Entre as xustificacións, o descoñecemento da existencia do peche perimetral.

Unha actitude que os veciños cualifican de irresponsable dada a situación que se está a vivir con 41 casos nos últimos 14 días. Desde a Policía Local aseguran que persistirán nos controis de mobilidade para garantir que se respecte o peche perimetral.

Noticias web

19/04/2021