CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

9 de cada 10 mulleres son vítimas de acoso sexual en espazos públicos na Arxentina

Publicado o 06/10/2017 15:15

Un informe sobre violencia machista nos espazos públicos da Arxentina revela que o 93% das mulleres sufriu algún tipo de acoso sexual.

O estudo, realizado pola ONG Mulleres da Matria Latinoamericana, detalla que 80 de cada 100 mulleres se senten inseguras nas súas cidades e que as fustrigacións sexuais se inician cando as nenas teñen só 9 anos.

Os abusos físicos no metro e no autobús, e mesmo persecucións, son cotiáns, pero só se denuncian o 26% por cento dos casos. O informe 'A inseguridade da que ninguén fala' busca cambios socio-educativos, de lexislación e urbanísticos.

Raquel Vivanco, coordinadora nacional do Movemento de Mulleres da Matria Latinoamericana

Á preocupante situación súmase a escasa contención ás vítimas. Así o asegura a primeira arxentina que denunciou un taxista, Lucía Cabrera.

Ademais, o acoso sexual pode causar estrés postraumático.

Rafael Kichic, psicólogo cognitivo-condutual. PhD. Especialista en ansiedade, depresión e trauma.

Yolanda Yebra, Bos Aires

Outro tipo de agresión é moito máis fatídico. Cada 26 horas, un home acaba coa vida dunha muller por violencia de xénero; o 33% deses asasinatos ocorre nas rúas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí