CRTVG

Buscar

Oitenta e dous mortos nun incendio nun hospital de Bagdad

Publicado o 26/04/2021 09:25
Oitenta e dous mortos nun incendio nun hospital de Bagdad

As autoridades iraquís investigan as causas que provocaron a explosión de varais bombas de osixeno e o posterior incendio ocorrido nun hospital de Bagdad en que moreron 82 persoas. Un fallo eléctrico é a orixe máis probable da explosión que deixou máis dun centenar de feridos; descártase que fose un atentado.

O director do hospital e o xefe de mantemento foron destituídos. O ministro de Sanidade iraquí e o gobernador de Bagdad foron suspendidos das súas funcións ata que remate a investigación.

Noticias web

26/04/2021