CRTVG

Buscar

82 detencións en Galicia por incumprir o estado de alarma e primeiros ingresos en prisión

Publicado o 28/03/2020 09:31
82 detencións en Galicia por incumprir o estado de alarma e primeiros ingresos en prisión

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, confirmou que 82 persoas foran detidas por incumprir as normas do estado de alarma e detallou que algunha destas persoas xa ingresaron na cadea ou foron condenadas a penas de cárcere. 

Losada explicou que a Policía Nacional, a Garda Civil e as policias locais das sete grandes cidades galegas sumaron máis de 8.000 propostas de sanción. Lembremos que as multas están entre os 601 e os 30.001 euros. Nos casos de persoas reincidentes as sancións aumentan de grao e parten dos 10.400 euros. 

A pesar do respecto maioritario volverán reforzarse esta fin de semana os controis para evitar os desprazamentos a segundas vivendas e zonas de ocio. Neste sentido o delegado do Goberno advertiu que xa foran interceptados máis de mil vehículos que infrinxiran a normativa. 

Noticias web

28/03/2020