CRTVG

Buscar

80 investigadores buscan en Vigo garantir que haxa peixe nutritivo, seguro e sostible

Publicado o 20/11/2018 21:32

De reunións coma esta, nacen as ideas que chegan aos nosos mercados. Os expertos membros do proxeto europeo Seafood debaten en Vigo solucións innovadoras con perspectiva comercial como introducir aportes nutricionais ás especies de acuicultura preferidas polos consumidores.

Tamén procuran tecnoloxías de procesado para eliminar as barreiras fronte ao consumo de peixe que presentan sectores como as mulleres embarazadas, as persoas de idade e os nenos e ferramentas para dotar aos produtos de garantías sanitarias. Un concurso internacional de receitas elaboradas con peixes de pouco valor comercial será unha das súas actividades de promoción.

Noticias web

20/11/2018