CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

80 estudantes de 24 países participan nos cursos 'Galego sen fronteiras' deste verán

Publicado o 02/07/2018 15:28

80 estudantes de 24 países están xa en Compostela para participar nos cursos Galego sen fronteiras. 31 anos levan xa a Real Academia Galega e a Universidade de Santiago organizando esta actividade coa que fomentan a creación de vínculos directos coa cultura galega. O orballo sumouse á foto de familia para darlle a benvida aos matriculados nesta edición dos Cursos de verán Galego sen fronteiras. A metade son repetidores que veñen completar outro dos tres niveis nos que o Instituto da Lingua Galega estrutura esta actividade que permite un mes de inmersión na lingua e a cultura galegas.

"Son de Croacia...veño para mellorar aínda máis o galego que levo estudando xa tres anos", di Sara. "Todavía no sé falar, pero me encantaría aprenderlo", di Andersen, un chinés residente en Suíza. "Neste momento estou traballando nunha investigación sobre a emigración galega en Valparaíso e ten moito sentido o curso para enriquecer a miña investigación", di Patricia, unha alumna chilena.

O programa non só prima o aspecto académico, porque o obxectivo é favorecer tamén o diálogo intercultural, os vínculos e a aprendizaxe máis informal. "É a a primeira vez que veño, aínda non falo a vosa lingua pero gustariame aprendela", di Andersen, un chinéu residente en Suiza. "O ano pasado fixemos un curso de como facer unha empanada, baile galego..., coñeces a xente, viña moita de Polonia e fixemos un grupo moi chulo", lembra Carmiña, a galega de Donosti.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí