CRTVG

Buscar

8 novos positivos no gromo do ximnasio de Meicende elevan a 39 o total de contaxiados

Publicado o 02/08/2020 12:47

Oito novos positivos fan que o total de casos activos vinculados ao brote do ximnasio de Meicende, en Arteixo, ascenda a 39. Así o confirman os últimos datos do Sergas, que apuntan que se realizaron durante o sábado 425 PCR vencelladas a este gromo. 

Trátase da segunda maior repunta rexistrada en Galicia, despois da da Mariña. A orixe sitúase no usuario dun ximnasio que traballaba como porteiro nun pub de Santa Cruz, en Oleiros. Entre as persoas que deron positivo tamén se atopa un vixilante do centro cívico de Monte Alto, na Coruña, e un traballador do matadoiro municipal.

Reciben a alta 7 dos 13 membros do Fuenlabrada confinados na Coruña

Sete membros da expedición do Club de Fútbol Fuenlabrada e que estaban confinados no hotel NH Finisterre da Coruña xa recibiron a alta este domingo, segundo informan fontes sanitarias. Polo tanto, son 6 os integrantes que permanecen confinados.