CRTVG

Buscar

76 persoas morreron, como mínimo, pola explosición dun vehículo bomba en Somalia

Publicado o 28/12/2019 14:03

 76 persoas morreron, como mínimo, e arredor de 90 quedaron feridas nun atentado en Somalia. Ocorreu nun posto de control en Mogadixo, cando un presunto suicida fixo estoupar unha furgoneta. Entre os mortos hai moitos estudantes que ían nun minibús alcanzado pola explosión. Tamén dous enxeñeiros turcos que traballaban na mellora da estrada. De momento ningún grupo terrorista reclamou a autoría do atentado, o peor dos dous últimos anos.

Noticias web

28/12/2019