CRTVG

Buscar

720 veciños de Ribeira convocados ao segundo cribado

Publicado o 21/11/2020 13:16

Hai localidades nas que as autoridades sanitarias manteñen un seguimento especial ante a incidencia acumulada nas últimas semanas. É o caso de Ribeira.

No centro de saúde desta vila realizan durante este sabado o segundo cribado poboacional, que é a continuación do que se fixo na lonxa a fin de semana pasada. Os que hoxe teñen que pasar polo centro de saúde foron citados vía SMS. Son, en total, 720 ribeirenses os convocados. Trátase dunha selección aleatoria dun 40 % dos pacientes que non acudiron á concocatoria da semana pasada para cidadáns de entre 40 e 50 anos.

"É moi importante. A fin de semana pasada fixemos un cribado na zona da Estrada, ao que asistiu o 80 % e no cribado de Ribeira, onde había máis poboación, 5.000 persoas, asistiu o 65 %. Fixemos un chamamento para ese 35 % que quedaba",  firma a xerente da área Sanitaria de Santiago e da Barbanza, Eloína Núñez. 

 

Noticias web

21/11/2020