CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

700 persoas na Marcha solidaria camisetas contra a leucemia

Publicado o 03/06/2018 21:27

O camiño de Santiago forma parte tamén doutra iniciativa, a marcha solidaria camisetas contra a leucemia. Pretende concienciar á sociedade da importancia da doazón de medula ósea percorrendo os 36 quilómetros que separan Vigo de Pontevedra. Milleiros de pasos, pedaladas e zancadas que poden salvar vidas.

Serán pasos con sentido e coas mochilas cargadas de solidariedade. Pasos acompañados de recordos duros ou de abrazos por experiencias compartidas pero sobre todo pasos de ilusión e de esperanza, a de conseguir que creza a marea vermella de doantes que poden salvar vidas

E para difundir esta mensaxe cada ano máis persoas se suman a esta marcha

A maior parte dos participantes deciden camiñar pero hai quen fai o traxecto correndo ou compartindo pedaladas de empatía e superación. Iso si, todos coa mesma motivación para chegar á meta, que crezan as doazóns de médula para salvar vidas, en vida
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí