7.800 rapaces e rapazas gozaron este verán dos campamentos organizados pola Xunta
Publicado o 01/09/2021 14:51
Coa chegada do mes de setembro rematan os campamentos de verán en Galicia, unha das poucas comunidades que continuaron ofertando estas actividades en tempo de pandemia.
Participan rapaces en diversas actividades, como tiro con arco, hípica, rutas de sendeirismo ou deporte multiaventuras. A maioría destas actividades realízanse ao aire libre. Son campamentos seguros, asegura a administración, onde as actividades se realizan con grupos burbulla e coa realización de tests de antíxenos.
Galicia foi unha das poucas comunidades españolas en manter este tipo de campamentos, que ofertaron este verán preto de 8.000 prazas.