CRTVG

Buscar

7.500 persoas reclaman igualdade na Carreira da Muller da Coruña

Publicado o 22/09/2019 14:23

O rosa volveu ao paseo marítimo da Coruña nunha nova edición da Carreira da Muller, a sétima. Un ano máis, volveron esgotarse os dorsais e sete mil cincocentas persoas completaron o percorrido de seis quilómetros e medio a carón do mar. Houbo un recordo especial para todas as vítimas da violencia machista nunha proba solidaria que reivindica a igualdade a través do deporte. A gañadora da carreira foi a atleta de Ares Paula Mayobre.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/09/2019