Sete mil persoas de Salceda e O Porriño, convocadas ao macrocribado
Publicado o 07/02/2021 14:51
No cribado de hoxe non hai tempo de espera, por iso o recinto é menor. Pero si que continúan as colas.
Todos os citados agradecen, tamén aos responsables dos concellos, coma o do Porriño, a posibilidade de faceren a proba. Agora só resta que a afluencia sexa masiva para que haxa un bo diagnóstico da afección nas vilas.