CRTVG

Buscar

68 mulleres beneficiaranse do plan de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero

Publicado o 29/06/2020 15:18

O plan de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero posto en marcha pola Xunta permitirá contratar 68 mulleres este ano. 

Avanzouno o vicepresidente da Xunta durante a súa visita ao concello de Soutomaior, un dos 38 municipios que se sumaron a esa iniciativa.

Alfonso Rueda destacou a importancia deste tipo de plans de inserción para que as vítimas consigan unha maior independencia económica e integrarse socialmente.

 

Noticias web

29/06/2020