CRTVG

Buscar

65 anos despois do último encontro entre os países, Erdogan visita Grecia

Publicado o 07/12/2017 09:52

O presidente turco, Erdogan, visitará hoxe Atenas como primeira parada da súa viaxe oficial a Grecia.

Unha cita histórica, xa que transcorreron sesenta e cinco anos desde a última visita dun mandatario turco ao país helénico. Con este achegamento, ambos os dous países buscarán establecer novos acordos e colaboracións. Entre os actos programados, Erdogan terá un encontro co seu homólogo grego, Pavlópulos, e visitará o primeiro ministro, Alexis Tsipras. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017