CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

600 escolares da área de Vigo asisten á obra de teatro 'Garavanciño'

Publicado o 05/03/2018 14:26

Hoxe tamén fomos ao teatro. A compañía andaluza La Gotera de Lazotea representa estes días en Galicia a súa exitosa versión do clásico 'Garavanciño', un conto tradicional levado á escena con monicreques. Os primeiros espectadores estreáronse hoxe: foron 600 escolares da bisbarra viguesa.

O clásico conto de 'Garavanciño' convértese nunha aventura chea de humor en mans da compañía xerezana La Gotera de Lazotea, que reinterpreta o relato popular narrando o acontecido dentro da barriga do boi que, accidentalmente, engole o pequeno.

Os monicreques teñen un aquel que conecta cos cativos á perfección e consegue atrapar a súa atención.

O espectáculo foi recoñecido como a mellor montaxe de monicreques na edición pasada de Fetén, a Feira Europea de Artes Escénicas, que se celebra anualmente en Xixón, e ata mediados deste mes xirará por Galicia con funcións para escolares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí