CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

600 cativos de varios centros escolares de Vigo percorreron o barrio histórico celebrando unha edición infantil da Reconquista

Publicado o 05/04/2018 14:31


Vigo volve esta fin de semana ao 1809 coa Festa da Reconquista, para celebrar a xesta da vitoria viguesa sobre os franceses. Pero xa hoxe, seiscentos cativos de varios centros escolares vigueses fixeron a súa propia edición infantil.
A organización quere que os máis cativos se interesen pola festa para que queiran formar parte dela no futuro.

Os franceses quixeron gobernar Vigo en 1809, pero o pobo resistiu. Botáronos da cidade un vinte e oito de marzo daquel ano. Esta fin de semana celébrase esa efeméride por todo o alto no barrio histórico de Vigo.
Pero desde hai catro anos a organización celebra unha edición infantil que ten moito éxito entre os centros educativos da cidade.

Os cativos, moitos deles con tambor e caracterizados tanto de vigueses como de franceses, percorreron as rúas do barrio histórico desde A Laxe ata a rúa do Príncipe, onde cantaron varias cancións.
Á festa uníronse os profesores e algúns pais e nais.
Os nenos teñen ben claro cómo foi aquel capítulo da historia de Vigo.
4.34"A Reconquista...
5.05"...irse"
5.46" pues...
5.51"echó"
6´05" antes...
6.16"..non"
2.46"hoy...
3.02"...Reconquista"
A festa continuará esta fin de semana polas rúas do Vigo Vello. A intención dos organizadores é dar a mínima importancia ao conflito bélico e salientar o aspecto lúdico.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí