CRTVG

Buscar

Primeira morte polo andazo de listeriose de Andalucía

Publicado o 20/08/2019 21:40

Coa confirmación de 34 novos casos nas últimas horas, os hospitais andaluces atenderon xa 114 pacientes con listeirose, entre eles 18 mulleres embarazadas e dous bebés que aínda están ingresados. As autoridades sanitarias non dan por controlado o brote, e din que poden aparecer máis. Este martes informaron da primeira morte pola bacteria: unha muller de 90 anos que comera a carne contaminada.

José Manuel Cisneros, portavoz do Hospital Virgen del Rocío, "ingreou o día 15, o mesmo día da alerta, e levaba 5 ou 6 días con síntomas. Diagnosticouse inmediatamente e púxolle tratamento, pero xa levaba un periodo de incubación de 5 ou 6 días"

O andazo de listeriose esténdese a outros puntos de España, a onde chegou a carne da empresa La Mechá. En Estremadura hai un caso confirmado, e outros catro en estudo. Tamén hai un posible infectado en Madrid, e outros dous en Cataluña, dúas persoas da mesma familia que comeron a carne que lles levou un familiar de Sevilla. O Goberno decretou a alerta sanitaria nacional por listeriose.

María Luísa Carcedo, ministra de Sanidade e Consumo, "actívase con comunicación a todas as comunidades autónomas para que poñan as súas redes de vixilancia e de control para a detección de posibles casos"

Sanidade confirma que todos os lotes de carne contaminada foron retirados do mercado. Pero advirte que aínda se pode estar incubando a enfermidade se se consumeu na última semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí