CRTVG

Buscar

Cincuenta e cinco mil alumnos sen clase tras o peche de educación en Vitoria, como mínimo ata o 23 de marzo

Publicado o 10/03/2020 09:28

Os que pechan dende hoxe mesmo son todos os centros educativos de Vitoria, e suspéndense actividades extraescolares, deporte escolar e clases en academias. Son 55.000 alumnos sen clase, como mínimo ata o luns 23, pero tampouco estarán de vacacións. O Goberno pediulles aos docentes que organicen clases online. Para o resto de Euskadi, a recomendación é tomarlles a temperatura aos rapaces e deixalos na casa se teñen febre. Na capital alavesa tamén se puxo en corentena unha residencia de maiores e pechouse a Academia da Ertzaintza. Medidas todas, segundo dixo o lehendakari, para conter o avance do virus na comunidade con máis casos despois de Madrid.

Noticias web

10/03/2020