CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

513 rutas de transporte escolar compartidas este curso

Publicado o 12/09/2017 14:46

Unha das novidades deste curso é o transporte escolar compartido no rural. 513 liñas que intentan darlle resposta á dispersión demográfica e aproveitar os traxectos diarios do alumnado cara aos centros de ensino. Os responsables de Educación e Infraestruturas visitaron un dos centros usuarios desta nova modalidade de transporte en Galicia, no concello da Estrada.

Ethel Vázquez destacou que existen precedentes exitosos noutras comunidades autónomas e que o obxectivo agora é divulgar o novo servizo para promover o seu uso. Son as oito menos cuarto da maña... José e Mary prepáranse para a ruta que cobre o seu bus compartido cara ao colexio público de Rodeiro. Coma ela, 382 acompañantes velan pola seguridade no interior dos buses.

Esta ruta é de quince quilómetros por estradas coma estas. Nas paradas agardan nenos... E tamén maiores. Trinta e cinco minutos de ruta que remata aquí, ás portas do colexio onde agardan que pouco a pouco se incorporen usuarios novos. A partir do venres subirán tamén alumnos de secundaria. En total, case 10.000 estudantes galegos usarán este curso o transporte escolar compartido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí