CRTVG

Buscar

50 usuarios da residencia de Outeiro de Rei deron xa negativo nas últimas probas

Publicado o 17/10/2020 21:15

Precisamente o descenso producido nas cifras de usuarios dos xeriátricos débese ás altas dadas nas últimas horas: Cincuenta anciáns da residencia Domus Vi Lugo, de Outeiro de Rei que estaban contaixados deron xa negativo na última proba realizada. Quedan agora 79 residentes infectados e 11 traballadores. Esta residencia foi intervida pola Xunta o día 8 do mes pasado, despois de que se detectasen 139 anciáns contaxiados e 14 operarios. Deste xeriátrico faleceron 21 maiores.

Noticias web

17/10/2020