CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

50 anos do nacemento da revista 'Rolling Stone'

Publicado o 28/11/2017 17:15

Fai 50 anos da revista 'Rolling Stone', dedicada á música e á cultura popular. Comezou a editarse en San Francisco en novembro de 1967, por iniciativa do editor Jann Wenner e o crítico musical Ralph Gleason.

Desde os seus comezos, a revista identificouse coa contracultura hippie, pero afastándose da prensa clandestina da época e evitando políticas radicais.

A principios deste século, 'Rolling Stone' enfrontouse a problemas económicos pola competencia de revistas coma 'Maxim' ou 'FHM', e tivo que reinventarse a si mesma, implicándose en cuestións internacionais coma o quecemento global ou a economía, buscando lectores máis novos.

Escribiron nela xente do prestixio de Iggy Pop, Bono ou Tom Wolfe. E mesmo o cine se inspirou nela: un exemplo foi a película de 2000 "case famoso", que narra as peripecias dun reporteiro adolescente que recibe un encargo da revista para seguir a xira dun grupo musical.

'Rolling Stone', 50 anos de éxitos e tamén de frustracións. Todo comezou con esta foto de John Lennon ataviado de soldado, cando rodaba en Almería a película 'Que noite a daquel día'.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

28/11/2017