CRTVG

Buscar

Bos días

Cincuenta anos de "Teño un soño", a famosa frase pronunciada por Luther King

Publicado o 28/08/2013 09:18

Medio século despois, o seu discurso segue vixente



" Pasaron 50 anos dende que Martin Luther King manifestara dende o Monumento a Lincoln de Washington e ante 250 mil persoas un SOÑO que segue tan actual: a igualdade no acceso ós dereitos civís, ó traballo, á liberdade.

A frase cambiaría para sempre as relacións raciais nos Estados Unidos de América e perviviu no imaxinario colectivo como un dos máis fermosos discursos na historia política do país.

A aquel pastor baptista que vivira a discriminación en carne propia concederonlle o Premio Nobel da Paz en 1964. Porque a súa principal arma sempre fora esa: a resistencia pacífica e a palabra fronte ós que propugnaban o "ollo por ollo" e a violencia.

Cinco anos despois dese esperanzador discurso que hoxe fai medio século, o 4 de abril de 1968, Luther King foi asasinado por un francotirador que lle disparou á cabeza. Tiña só 39 anos. Pero os seus soños continúan vixentes. El mesmo o dicía: "a nosa xeración non se lamentará das obras e das palabras das malas persoas, senón do silencio das boas persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

28/08/2013