Telexornal Mediodía
5 membros de ASPACE con parálise cerebral chegan ao Obradoiro tras completar o Camiño Inglés
Publicado o 21/09/2018 15:27
Cinco membros da Asociación ASPACE de Sada, todos eles con parálise cerebral, completaron esta mañá o Camiño de Santiago.
Acompañados dos seus monitores realizaron o Camiño Inglés en etapas durante as últimas dúas semanas.
A súa chegada ao Obradoiro foi celebrada con entusiasmo por unha trintena de compañeiros da asociación que os agardaban na praza.
Foi todo un reto, pero conseguírono, e poderán mostrar a súa compostela como testemuño do que son capaces cun pouco de axuda.