CRTVG

Buscar

44 denuncias por festas ilegais en Marín en dous días

Publicado o 09/02/2021 13:46

Un veciño que pasaba por aquí escoitou o balbordo nunha casa abandonada e chamou a policía. Á súa chegada, a patrulla puido comprobar que polo menos 16 persoas participaban nunha reunión sen máscaras de protección. Unha vez disolta a xuntanza non autorizada, ao non seren conviventes, os axentes propuxeron as sancións. Sospeitan que esperaban máis xente.

Salvador Montes, voceiro da Policía Local de Marín, di que cando chegou a patrulla tamén se sorprendeu. Esperaban atoapar catro ou cinco persoas, pero había polo menos 16. Tiñan todo en cestos de plástico, bebida, xeo..., todo preparado para unha festa.

A maioría das actuacións que ten a policía son requiridas por cidadáns preocupados polo incumprimento da normativa. Ese mesmo día recibiron outra chamada para denunciar unha festa ilegal nun piso onde había moito ruído xente no seu interior. O residente da propiedade admitiu aos axentes municipais que estaba con varios amigos, pero negouse a rematar a xuntanza. Tamén foi denunciado.

A Policía Local de Marín di que a maioría das persoas están cumprindo a normativa, sacrificándose non vendo a familia, e cando ven actitudes coma estas de desprezo pola normatíva preocúpanse e chaman a policía.

En dous días, en Marín houbo 44 denuncias por incumprir as restriccións da covid-19.

Noticias web

09/02/2021