CRTVG

Buscar

Condenado a 41 anos o home que asasinou dun disparo un mozo na praia de Redondela

Publicado o 17/04/2019 18:15
Condenado a 41 anos o home que asasinou dun disparo un mozo na praia de Redondela

A Audiencia de Pontevedra condena a 41 anos de cárcere ao home que asasinou, dun disparo no peito, un mozo en Chapela, na praia de Arealonga, durante a noite de San Xoán de 2017.

De acordo co veredito do Tribunal do Xurado, a sección quinta da Audiencia Pronvincial, con sede en Vigo, sentenciou a José Luis Luna Pereira a 24 anos de cadea como autor dun delito de asasinato, pola morte de Daniel Beltrán, a 10 anos por intentar asasinar outro mozo e a cinco anos por intento de homicidio dos dous axentes da Policía Nacional que o detiveran.

A Audiencia tamén lle impuxo dous anos de cárcere por cometer un delito de tenencia ilícita de armas, co gravame de reincidencia.

En concepto de responsabilidade civil, a sentenza establece que o condenado ten que indemnizar os pais e irmáns de Daniel Beltrán en cantidades que suman 286.000 euros.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2019