CRTVG

Buscar

400 familias e 41 empresas da Laracha xa usan o colector marrón

Publicado o 18/02/2020 14:23

Non todos os cidadáns saben que residuos orgánicos poden depositar no colector marrón. Paco e a súa familia levan quince días usándoo porque se sumaron entusiastas á campaña do concello da Laracha, acorde coas directivas europeas Ti tes a chave. O lema alude á chaviña que ten cada usuario do colector marrón máis próximo á súa casa. O Concello provéeos ademais doutro colector pequeno de dez litros e máis de bolsas biodegradables para facelo todo máis fácil.

En dúas semanas a campaña logrou implicar 400 familias e 41 empresas como este hotel da Laracha. Aos negocios, o Concello facilítalles un colector propio para os residuos biodegradables como cascas ou mondas e os restos orgánicos como papeis e cartóns, os únicos que deben ir a este colector marrón. Nunca o po de varrer, cabichas ou cinzas.

Os veciños e empresas implicadas confían que a educación da mocidade xere menos residuos e máis conciencia ambiental que traspasar aos maiores.

Noticias web

18/02/2020