CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

400 anos de Murillo

Publicado o 04/12/2017 17:16
A ollada de Murillo cumpre 400 anos.
Sevilla celebra o aniversario reunindo seiscentos cadros do xenio do barroco.
Sebastián Esteban Murillo considerase un dos máis senlleiros representantes da escola sevillana.
Fillo dun barbeiro e sangador quedou orfo ós oito anos. Herdeiro artístico de Zurbarán, coetáneo de Velazquez, traballou sobre todo para as igrexas e conventos da capital hispalense.
A súa pintura reúne calidade e popularidade. As súas "Inmaculadas" foron repetidamente reproducidas en estampas e calendarios. Unha popularidade que chegou a lixar os seu prestixio no dezanove comezase a ser desprezado por considerarse un pintor doce e compracente.
Porén a súa moderindade esta a ser redescuberta.
Falamos dun xenio da luz que espalla coma ninguén o ceo na terra, que consegue ofrecer unha unidade e naturalidade nas súas escenas, moitas veces tomadas da vida cotiá de Sevilla.
Foi testemuña dunha España en decadencia. Reflectiría a vida cotía e mesmo a pobreza daquela Sevilla golpeda pola necesidade e as pestes.
A súa obra está dispersa por todo o mundo. O aniversario representa unha oportunidade para volver a gozar da ollada única de Murillo
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

04/12/2017