CRTVG

Buscar

40 detidos en relación cunha rede internacional dedicada ao roubo de vehículos

Publicado o 08/08/2019 12:31

A Garda Civil detivo 40 persoas que, presuntamente, formaban unha rede a nivel internacional dedicada ao roubo de vehículos e que podería chegar a subtraer 118 e logo vendelos en concesionarios e en Internet, conseguindo 4,5 millóns de euros de beneficio.

Axentes da Garda Civil trasladáronse a Francia no marco desta operación, bautizada co nome de Volteda-duplare, onde lograron recuperar 61 automóbiles subtraídos en España e onde foron detidos oito membros da rede.

Os arrestados, de nacionalidades española, romanesa, arxentina e búlgara, colocaban nos turismos dispositivos GPS para, en caso de seren recuperados polas forzas de seguridade e entregados aos seus propietarios, roubalos de novo.

Durante os rexistros practicados nesta operación realizada coa colaboración con Europol, a Xendarmería francesa e a Policía de Alemaña, os axentes interviñéronse de varios vehículos acondicionados para seren exportados, así como matrículas e documentacións falsificadas de países estranxeiros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019