CRTVG

Buscar

40 millóns de euros: a presunta fraude da UXT en Andalucía

Publicado o 05/12/2019 14:39

O titular do xulgado de instrución número 9 de Sevilla cre que Francisco Fernández, ex-secretario xeral da UXT en Andalucía, coordinou manobras sistemáticas de desvío das subvencións destinadas a cursos de formación para desempregados. Fernández renunicou ao seu cargo en 2013, cando o escándalo saltou aos medios de comunicación, tras quince anos á fronte do sindicato.

A presunta fraude concéntrase só nos catro últimos do seu mandato, ascende a máis de 40 millóns de euros e salpica outras 14 persoas, tamén procesadas. O xuíz aprecia tamén indicios dun segundo delito, o de falsidade en documento mercantil, e trasládalles o caso á fiscalía e ás acusacións para que, se o estiman oportuno, soliciten a apertura de xuízo oral. Para o secretario xeral da UXT é unha boa noticia.

El Mundo pon o foco tamén este xoves en José María Moriche, marido da ex-presidenta andaluza Susana Díaz. O xornal madrileño asegura que Moriche, que daquela era empregado da UXT, cobrou o seu soldo de dúas das subvencións presuntamente desviadas para cometer a fraude.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2019